miércoles, 30 de octubre de 2019

TEMA 2 Apartado 1 COMO SE REPRODUCEN AS CÉLULAS? paxina 22


A NECESEIDADE DA DIVISIÓN CELULAR

A reprodución ou división celular é o proceso polo cal unha célula se divide en dúas células fillas xeneticamente idénticas entre si e a célula

  • O crecemento do corpo: Os trillóns de células que forman o corpo humano orixináronse por divisións celulares do óvulo fecundado. 

  • Renovar os tecidos desgastados ou danados, ou repoñer as células que morren.
Imagen relacionada














 CROMOSOMAS E DIVISIÓN CELULAR 

Os cromosomas localízanse no núcleo celular e posúen a información xenética que se ten que transmitir as células fillas en cada división celular.

Os cromosomas están formados por cromatina, que é a asociación de ADN e proteínas.

Antes da división celular, o ADN duplícase para transmitir información ás dúas células fillas. A cromatina condénsase, formando fibras curtas e grosas, chamadas cromosomas.

Na división celular, o cromosoma aparece duplicado, formando dúas cromátides.

Resultado de imagen de cromosomas











CROMOSOMAS E XENES

Cada cromosoma ten miles de xenes ordenados linealmente.

Un xene é un pequeno segmento da mólecula de ADN. Os xenes das dúas cromátides de cada cromosoma son idénticos.


COMO SE CLASIFICAN E ANALIZAN OS CROMOSOMAS

O conxunto de cromosomas dun individuo denomínase cariotipo. Os humanos posúen 46 cromosomas, a metade son heredados do pai e a outra metade son heredados da nai. Por iso, os 46 cromosomas correspóndense con 23 parellas de cromosomas homólogos.

Todas as células somáticas posúen as 23 parellas de cromosomas, e teñen o nome de células diploides.  Os gametos son as únicas células haploides, conteñen 23 cromosomas.




Resultado de imagen de clasificacion cromosomas

miércoles, 23 de octubre de 2019

Páxina 13 exercicio 4


4 Que son os lisosomas? Cal é a súa función? En que estructura celular se forman?

Os lisosomas son vesículas membranosas que conteñen encimas. Levan a cabo a dixestión intracelular, e os peroxisomas, distintas reaccións de oxidación. Fórmanse dentro da membrana celular.Resultado de imagen de lisosomas

Páxina 13 exercicios 3

3 Que é o retículo endoplasmático? Que tipos hai? Cales son as súas funcións?


O retículo endoplasmático é unha rede de sacos e túbulos membranosos intercomunicados.

Retículo endoplasmático rugoso: Sintetiza as proteínas que pasan despois ao aparato de Golgi.

Retículo endoplasmático liso: Elimina substancias tóxicas e produce lípios.


Resultado de imagen de reticulo endoplasmatico

Páxina 13 exercicios 1, 2


1 Que é o citoesqueleto? Que compoñentes ten? Cales son as súas funcións?


O citoesqueleto é un conxunto de filamentos protéicos e de microtúbulos do citoplasma

  • Microfilamentos: Estan formados por actina. Participan na contracción muscular e no proceso de citocinese da división celular.

  • Filamentos intermedios: Están formados por proteínas que axudan a manter a estructura celular.

  •  Microtúbulos: Estructuras ocas que forman o fuso mitótico e os cilios e flaxelos.         


2 Indica que é o axonema. Que diferenza hai entre os cilios e flaxelos? 

 O axonema é unha estructura interna que ten as prolongacións das células. A diferenza é que os cilios son máis curtos e máis numerosos ca os flaxelos. Resultado de imagen de axonema

Páxina 11 exercicios 1 e 2


1 Que orgánulos ou estructuras dunha célula animal presentan membrana?

A membrana plasmática. Está formada por unha bicapa de lípidos con proteínas e glícidos.
Resultado de imagen de membrana plasmatica celula animal

A membrana plasmática é a estructura que rodea a célula.                                                   


2 Que é a parede celular? De que está formada nas células vexetais? Cal é a súa función?


A parede celular é unha estructura externa que protexe a célula vexetal. Está pegada e elaborada pola célula.

Páxina 9 exercicio 5


5 Cal é a composición da cromatina? Que relación hai entre a cromatina e os cromosomas?

A composición da cromatina está formada por fragmentos de ADN e proteínas chamadas histonas.

A relación é que os dous son fragmentos de ADN da célula en distintas fases.Resultado de imagen de cromosomas     Resultado de imagen de cromatina                    CROMOSOMAS                                          CROMATINA

miércoles, 16 de octubre de 2019

Páxina 9 exercicios 2, 3 , 4


2 Indica que é un virus e por que non está considerado un ser vivo.

Un virus é unha estructura acelular formada por un ácido nucleico (ADN ou ARN) e por proteínas. No único que se parece cos seres vivos é que se poden reproducir.




Resultado de imagen de virus

3 Indica tres diferenzas entre as células procariota e as células eucariotas.

 As células procariotas non teñen núcleo as eucariotas sí.
 As células procariotas non teñen parede celular mentres que a eucariota vexetal sí.
 As células procariotas teñen pelos ou pili na cápsula e tamén flaxelo, a eucariota non ten pelos.

4 Como é a envoltura nuclear? Que características a diferencian dunha membrana?

A envoltura nuclear cubre o núcleo e ten poros nucleares diferenciase da membrana en que non cobre toda a célula. A membrana celular non ten poros nucleares.

Páxina 9 exercicio 1


1 Que características teñen as células procariotas? Que son os plásmidos?


As características son:

  • Non teñen núcleo, polo que a súa molécula de adn pechada, está libre do no citoplasma. Poden ter plásmidos, que son pequenos fragmentos de ADN.

    Resultado de imagen de celulas procariotas
  • Presentan unha membrana plasmática formada por unha bicapa de lípidos, proteínas e glícidos. Ao redor da membrana hai unha parade celular e unha cápsula.        


  • No seu citoplasma hai ribosomas, que son estruturas celulares onde se producen as proteínas.

 
  • Os pelos son prolongacións da célula bacteriana que lles permiten unirse a outras bacterias ou ao medio no que están.       

Resultado de imagen de plasmido Os plásmidos son pequenos fragmentos de ADN que se encontran no material xenético da célula procariota. 

Páxina 7 exercicios 3,4

3 Se unha das cadeas dunha molécula de ADN ten a secuencia de bases TACGCTAATCGG, cal será a secuencia da outra cadea?

A secuencia doutra cadea será CGTAATGC


Resultado de imagen de cadena adn

4 Que é o ARN mensaxeiro? Cal é a súa función?

Nucleótido que ten a información neceseria para a síntese dunha proteína e leva esa información a un ribosoma, nos que se produce un proceso chamado tradución xenética.




Resultado de imagen de estructura arn mensajero

miércoles, 9 de octubre de 2019

PÁXINA 7 exercicios 1,2


1 Que é unha proteína? De que moléculas máis sinxelas está formada? Que son as encimas?

Unha proteína é unha biomolécula de gran tamaño.
As moléculas máis sinxelas que forman as proteínas son os aminoácidos.
As encimas son proteínas que levan a cabo as reaccións do metabolismo.
Resultado de imagen de proteinas
















2 Indica que é un nucleótico e que moléculas forman parte dos nucleótidos.   

Os nucleótidos son a formación dunha molécula de monosacárido, unha de ácido fosfórico e unha de base nitroxenada.
Poden ser adenina, guanina, citosina, timina e uracilo.



Resultado de imagen de nucleotido






miércoles, 2 de octubre de 2019

TEMA 1 A CÉLULA E OS SEUS COMPOÑENTES


Actividades páxina 5 exercicios 1 e 2


1 Que son os bioelementos? Cales son os máis importantes? Que son os oligoelementos?

Os bioelementos son a agrupación dos orgánulos, células, órganos e sistemas biolóxicos que constitúen os seres vivos.

Os máis importantes son a auga, os sales minerais, os glícidos, os lípidos, as proteínas e os ácidos nucleicos.

Resultado de imagen de bioelementosOs oligoelementos son bioelementos que se atopan en cantidades moi pequenas.










2 Que é a difusión? E a osmose? Que lle pode ocorrer ás células sanguíneas se as poñemos nun tubo con auga destilada?

 A difusión é a tendencia das párticulas de soluto a distribuírse uniformemente no seo dunha disolución.

A osmose é a difusión a través dunha membrana semipermeable, que é aquela que permite o paso do disolvente, pero non do soluto.

O que lle ocorren as células sanguíneas se se meten nun tubo con auga destilada é que que contiña a célula sae fóra da célula.

Resultado de imagen de difusion

Páxina 5 tema 1

Exercicios 3 e 4


3 Que son os polisacáridos? Cantos tipos existen? Indica cales son os máis importantes e a función que desemprega cada un deles.

Os polisacáridos son unha gran cantidade de moléculas de monosacáridos unidas e poden desempregar unha función de reserva de enerxía, ou estrutural.

Existen 3 tipos: O amidón é a forma na que almacenan as moléculas de glicosa nas células vexetais, o glicóxeno, nas células animais e a celulosa que é o polisacárido estrutural máis importante e forma parte da parede celular das células vexetais.
Resultado de imagen de polisacaridos











4 Que son os lípidos e cita tres tipos  de lípidos e a función que desempregan nos seres vivos?

Os lípidos son biomoléculas orgánicas insolubles en auga que desempregan importantes funcións nas células.

Tipos de lípidos:

Triglicéridos: Almacenan gran cantidade de enerxía para as células.

Ceras: Repelen a auga e protexen da humidade, tanto nos animais coma nas plantas.

Fosfolípodos: Conteñen ácido fosfórico e forman parte das membranas celulares polo seu comportamento fronte a auga.


Resultado de imagen de lipidos