A NECESEIDADE DA DIVISIÓN CELULAR
A reprodución ou división celular é o proceso polo cal unha célula se divide en dúas células fillas xeneticamente idénticas entre si e a célula
- O crecemento do corpo: Os trillóns de células que forman o corpo humano orixináronse por divisións celulares do óvulo fecundado.
- Renovar os tecidos desgastados ou danados, ou repoñer as células que morren.
CROMOSOMAS E DIVISIÓN CELULAR
Os cromosomas localízanse no núcleo celular e posúen a información xenética que se ten que transmitir as células fillas en cada división celular.
Os cromosomas están formados por cromatina, que é a asociación de ADN e proteínas.
Antes da división celular, o ADN duplícase para transmitir información ás dúas células fillas. A cromatina condénsase, formando fibras curtas e grosas, chamadas cromosomas.
Na división celular, o cromosoma aparece duplicado, formando dúas cromátides.
CROMOSOMAS E XENES
Cada cromosoma ten miles de xenes ordenados linealmente.
Un xene é un pequeno segmento da mólecula de ADN. Os xenes das dúas cromátides de cada cromosoma son idénticos.
COMO SE CLASIFICAN E ANALIZAN OS CROMOSOMAS
O conxunto de cromosomas dun individuo denomínase cariotipo. Os humanos posúen 46 cromosomas, a metade son heredados do pai e a outra metade son heredados da nai. Por iso, os 46 cromosomas correspóndense con 23 parellas de cromosomas homólogos.
Todas as células somáticas posúen as 23 parellas de cromosomas, e teñen o nome de células diploides. Os gametos son as únicas células haploides, conteñen 23 cromosomas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario