1 Explica por que as dúas cadeas de ADN se denominan complementarias e que importancia ten a complementariedade das bases.
Porque as bases de cada cadea aparéanse de forma complementaria. Os nucleótidos libres, presentes no núcleo, únense ás bases da molécula de ADN inicial.
2 Unha das cadeas de ADN posúe a seguinte secuencia de bases: AAGCCATTG, escribe a secuencia de bases da cadea complementaria.
AAGCCATTG CADEA DE ADN
TTCGGTAAC CADEA DE ADN COMPLEMENTARIA
3 Unha molécula de ADN posúe un 20% de citosina (C), indica cales serán as porcentaxes das outras tres bases nitroxenadas.
Citosina 20%
Guanina 20%
Timina 30%
Adenina 30%
4 Indica en que consiste a replicación do ADN e explica coas túas propias palabras por que se denomina replicación semiconservadora.
A replicación consiste no proceso polo cal se duplica e se forma unha copia dunha cadea de ADN.
É semiconservadora porque unha parte da copia do ADN ten unha parte do ADN que se duplicou, o antigo e ten outra parte nova.
No hay comentarios:
Publicar un comentario