miércoles, 6 de noviembre de 2019
2 O CICLO DA VIDA DA CÉLULA PÁXINAS 24 E 25
O CICLO CELULAR
O ciclo celular é o conxunto de acontecementos que teñen lugar na célula desde que se forma ata que entra en división. Hai dúas etapas: Interfase e división celular
INTERFASE
Hai tres fases:
G1: É a fase na que se produce o comezo da síntese das proteínas; aumenta o volume do citoplasma e o número dos seus orgánulos. As células que non se dividen detéñense nesta etapa.
FASE S: É a fase na que se produce a duplicación do ADN e os cromosomas pasan a ter dúas cromátidas idénticas.
G2: É a fase na que se producen novos orgánulos e na que a célula se prepara para a división celular.
DIVISIÓN CELULAR
A fase M é unha etapa breve na vida da célula na que comprende dúas fases:
A Mitose: É a división do núcleo da célula, na que se reparten cromosomas entre as células fillas.
A Citocinese: Consiste na división do citoplasma, coa repartición de orgánulos, e a separación das células fillas.
A FALTA DE CONTROL NA DIVISIÓN CELULAR PODE XERAR TUMORES
Na división celular, as células pódense descontrolar regulándo o control da división das células dando lugar a masas celulares que se denominan tumores.
HAI DOUS TIPOS DE TUMORES:
Tumores benignos: Son aqueles nos que as células se dividen nunha área limitada, adoitan estar rodeados por unha membrana e non invaden outros tecidos, aínda que poden ser perigosos se premen órganos importantes.
Tumores malignos: Coñécense como cancro. Son aqueles nos que o control da división celular está seriamente alterado, polo que medran sen control e esnaquizan os órganos nos que se localizan. As células tumorais poden pasar ao sangue e formar tumores, denominados metástase, noutros órganos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario