miércoles, 6 de noviembre de 2019
3 A DIVISIÓN CELULAR: MITOSE e CITOCINESE PÁXINAS 26 e 27
A MITOSE PRODUCE CÉLULAS FILLAS IDÉNTICAS Á CÉLULA NAI
A mitose é a división do núcleo celular para dar lugar a dúas células fillas con idéntica información xenética que a célula nai. A mitose é a forma de reprodución asexual común a todas as células eucariotas.
Hai catro etapas:
Profase
Metafase
Anafase
A CITOCINESE
É a división do citoplasma entre as dúas células fillas. Normalmente ocorre na telofase.
Nas células animais, créase un anel contrátil de actina e miosina que produce un suco de segmentación que vai estrangulando á célula nai ata que as dúas células fillas se fan independentes. Os orgánulos e o resto do citoplasma repártense entre as células.
Nas células vexetais, a citocinese non se produce por estrengulamento, debido á rixidez da parede celular.
Prodúcese a través dun tabique a partir do fragmoplasto, formado pola fusión de vesículas do aparato de Golgi, que posteriormente dan lugar a unha nova parede celular.
CITOCINESE VEXETAL
CITOCINESE ANIMAL
PROCESOS DA MITOSE (Explicación)
Profase:
A cromatina condensada forma os cromosomas.
Desaparece a envoltura nuclear e os nucléolos.
Os centríolos migran cara os polos.
Fórmase o fuso mitótico.
Metafase:
Os cromosomas insírense nos microtúbulos do fuso e dispóñense no centro da célula.
Anafase:
As cromátides idénticas de cada cromosoma sepáranse.
As fibras do fuso acúrtanse e arrastran ás cromátides aos polos das células.
Telofase:
Os cromosomas nos polos celulares descondénsanse para formar a cromatina. Aparece a membrana nuclear e o nucléolo. Desaparece o fuso mitótico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario