jueves, 2 de abril de 2020

TEMA 7 AP.6 EX. 1


1 Cal é a vexetación característica da comunidade clímax dun bosque mediterráneo?

As sobreiras e as aciñeiras.



Imagen








TEMA 7 AP.5 EX. 1, 2


1 De que tipos poden ser as relacións intraespecíficas? Pon un exemplo de cada un.

Coloniais coma os corais, sociais como as abellas, familiares coma os monos e gregarias como os bancos de peixes.


2 Por que factores compiten os organismos nas relacións de competencia?

Por recursos ou factores, por reproducirse e por dominar.



Competencia intraespecífica - Wikipedia, la enciclopedia libre

TEMA 7 AP.4 EX. 1, 2


1 Como sería o crecemento dunha poboación se non existisen factores que o limitasen? Que consecuencias teria isto para o ecosistema?

O crecemento descontrolaríase.


2 O uso de hormonas para esterilizar os machos dalgunhas especies de mosquitos transmisores de enfermidades como a malaria, que tipo de consecuencias terá para a estabilidade do ecosistema? Como se denomina esta forma de combater as pragas?

Contaminación ambiental e dos alimentos, destrucción de seres vivos non perxudiciais e efectos nocivos sobre os descompoñedores do solo. Produciríase unha loita biolóxica.

Identifican el gen que atrae a los mosquitos al sudor humano - RTVE.es

TEMA 7 AP 3 EX. 1


1 Se queres representar a todos os organismos que hai nun parque e as relacións entre eles, que tipo de esquema usarías?

Utilizaría a cadea trófica.


Cadenas Tróficas: Concepto, Tipos, Características y Ejemplos

TEMA 7 AP.2 EX. 1, 2


1 Dos ciclos de materia anteriores, cales son terrestres e cales non?

 O do nitróxeno e do fósforo terrestres e o do carbono non son terrestres


2 Cal é a principal diferenza do ciclo do nitróxeno respecto doutros ciclos?

Que as bacterias interveñen                                                        


Ciclo del nitrógeno - Wikipedia, la enciclopedia libre

Imaxe do ciclo do nitróxeno

TEMA 7 A DINÁMICA DOS ECOSISTEMAS AP.1


1 Que son os organsimos consumidores e cantos tipos existen?

Un organismo consumidor e aquel que se alimenta de materia orgánica. Agrupanse en herbívoros, carnívoros e omnívoros.


2 Ordena os seguintes organismos na mesma secuencia que terían nuha cadea trófica:

Plancto, sardiñas, atúns e gaivotas.


3 Por que é necesario que a materia dos ecosistemas se recicle e a enerxía non?

Porque se pode volver a utilizar e a enerxía unha vez utilizada xa non funcionaría.

Cadena alimenticia - Comprension del Medio en NB2 y TIC

viernes, 20 de marzo de 2020

AP 6 EX. 1, 2, 3 E 4


1 O termo deserto é un sinónimo de temperaturas altas?

Non, pola existencia de desertos fríos na Antártida.

2 Existen zonas desérticas no noso país? Sinala algunha das principais.

Un exemplo é Tabernas, en Almería.


Resultado de imagen de zonas desérticas españa

3 Relaciona a seguinte vexetación cun bioma determinado:

Orquídeas: Bosque mediterráneo

Liques: Bosque mediterráneo

Queiroas: Bosque tropical

Sobreiras: Bosque caducifolio


4 Que adaptacións posúe a vexetación caducifolia?

Que soportan as choivas abundantes e as temperaturas temperadas. As follas caen e despois nacen outras novas.















AP 5 EX. 1, 2, 3, 4, 5 E 6


1 De que tipos poden ser as relacións intraespecíficas? Pon un exemplo de cada unha.

Poden ser coloniais (os corais), sociais (as formigas), familiares (un grupo de cabalos salvaxes) ou gregarias (as aves ).


2 Por que factores compiten os organismos nas relacións de competencia?

 Nas relacións de competencia compiten pola luz no caso das plantas e no caso dos animais pola parella para reproducirse e polo alimento. 


3 Que relación teñen un parasito e un hóspede? Quen resulta prexudicado?


Sería unha asociación simbiótica e unha relación de parasitismo. O prexudicado é o hóspede.


4 Compara as relacións intraespecíficas coas interespecíficas.

A principal diferenza e que as relacións intraespecificas danse en individuos da mesma especie e a interespecifica non.
























5 De que tipo son as rlacións tróficas?

Son tipos de relacións que teñen os seres vivos na súa nutrición. Para producir o alimento, consumilo ou descompoñelo.


6 Como se denomina a relación entre dúas especies distintas na que ambas as dúas obteñen beneficio? Pon un exemplo.


A relación e o mutualismo. Por exemplo entre os peixes payaso e as anémonas.


















AP 4 EX. 1, 2, 3 E 4


1 Que son os factores edáficos e como inflúen na instalación e desenvolvemento dos organismos?

Os factores edáficos son características dos solos. Estes factores inflúen no desenvolvemento dos organismos porque cada organismo necesita distintos factores edáficos.


Resultado de imagen de factores edaficos


2 Que factores ambientais teñen maior influencia no medio acuático?


A luz solar e o osíxeno teñen maior influencia.



3 A que se denominan zona fótica e afótica, e con que medio están relacionadas?

As dúas están relacionadas co medio acuático. A fótica é a que ten máis luz e a afótica é a que ten moi pouca, practicamente nada.



Resultado de imagen de zona fotica y afotica




4 Que significado teñen rango de tolerancia e nivel óptimo?


O rango de tolerancia son os límites de condicións dunha especie para poder vivir. 

O nivel óptimo é o máximo desenvolvemento nuns valores concretos.












AP.3 EX. 1, 2, 3 E 4


1 Que características do medio acuático o fan un medio abiótico máis adecuado que o terrestre?

A salinidade e a temperatura.


2 Por que é correcto afirmar que a altitude inflúe da mesma forma que a latitude na distribución dos ecosistemas?  Razoa a resposta cun exemplo.

Porque canta máis altitude hai menos osíxeno, polo tanto haberá menos ecosistemas. Só os que están adaptados. 


3 En que lugares da Península Ibérica ou das illas abundan máis as lagartas? Busca exemplos.
Abundan no sur da Península Ibérica e nas Illas Canarias. Porque elas necesitan vivir en lugares secos e calurosos.

Resultado de imagen de Lagartija

















4 Cal é a fonte a principal de enerxía que reciben os ecosistemas?

A fonte principal que reciben os ecosistemas é a luz solar.


Resultado de imagen de luz solar





miércoles, 11 de marzo de 2020

AP 2 EX. 1, 2, 3 E 4


1 Investiga que zonas húmidas españolas son as máis importantes desde o punto de vista ecolóxico.

  1. Parque Nacional de Doñana (Andalucía) 
  2. Parque Nacional Tablas de Daimiel (Ciudad Real) 
  3. Laguna de Gallocanta (Aragón) 
  4. Parque Natural del Delta del Ebro (Tarragona) 
  5. Reserva de la Laguna de Fuente de Piedra (Andalucía) 
  6. Parque Natural de la Albufera (Comunidad Valenciana) 

Estas son as zonas húmedas máis importantes de España.






Resultado de imagen de Parque Nacional de Doñana
 




 Foto do parque nacional de Doñana










2 Sinala as principais adaptacións das plantas á falta de luz e explica cal é a súa finalidade.

Un exemplo de plantas son os musgos. Que poden facer a fotosíntesis en lugares con pouca luz.



Resultado de imagen de principales adaptaciones de las plantas a falta de luz







3 Cales son as diferenzas entre os ecosistemas acuáticos de auga doce, salobre ou salgada? 

En cada ecosistema viven distintas especies. Por exemplo o polbo só pode vivir en auga salgada pero non en auga doce. Esas especies están adaptadas para cada lugar.

4 A laurisilva canaria é un ecosistema que só se mantén nesas illas. Cal pode ser a causa?

Porque son bosques característicos en zonas moi húmidas do arquipélago  canario. A auga da choiva que recibe, súmase a humidade da néboa que transportan os ventos alisios.






Resultado de imagen de laurisilva canariaResultado de imagen de laurisilva canaria







 

miércoles, 4 de marzo de 2020

TEMA 6 O ECOSISTEMA E OS FACTORES ECOLÓXICOS AP 1 EX. 1-5


1 Indica as diferenzas que existen entre un sistema e un ecosistema.

O sistema é o conxunto de elementos que forman un ecosistema. O ecosistema é o conxunto de sistemas e de seres vivos que se relacionan entre eles e co espazo.


2 Que características do planeta Terra fan posible a existencia de vida?


  • A EXISTENCIA DUNHA ATMOSFERA PROTECTORA CONTRA AS RADIACIÓNS.
  • UNHA DISTANCIA AO SOL QUE PROPORCIONA A TEMPERATURA ADECUADA.
  • A EXISTENCIA DE AUGA EN ESTADO LÍQUIDO.


3 Cales son os elementos do biótopo e da biocenose nun ecosistema artificial, como un acuario caseiro?

No acuario encontraríase a auga cos peixes nadando. Eles viven porque cumpren coas súas condicións de vida.


4 Que característica da Terra cres que fai posible a existencia de auga en estado líquido? 

A condensación da auga e o paso de formación a vapor, onde logo cae en forma de precipitación formando auga líquida.


5 Cres que os criterios que serviron para agrupar a distintos organismos nun grupo taxonómico, como é a especie, se poden modificar co tempo?

Sí. As especies taxonómicas evolucionan co tempo.






Resultado de imagen de especies taxonomicas





Resultado de imagen de elementos bióticos
Exemplo de Biótopos.










lunes, 17 de febrero de 2020

TEMA 5 AP. 9 EX. 1 E 2



1. Nomea por orde cronolóxica as especies máis representativas de homínidos.

homo hábilis


homo erectus

homo antecessor

homo neanderthalensis

 homo sapiens

homo sapiens sapiens

2. Cales son as principais diferenzas entre o Homo ergaster e o Homo erectus?

O Homo erectus é da mesma especie ca o Homo ergaster, pero encontróuse fóra de África.




homo ergaster homo erectus bilaketarekin bat datozen irudiakhomo ergaster homo erectus bilaketarekin bat datozen irudiak


TEMA 5 AP.7 EX. 1, 2, 3 E 4


1. Enumera os cambios anatómicos que tiveron lugar ao longo do proceso de hominización.

Producíronse cambios anatómicos (adquisición dunha postura bípede ou erguita, cambio de función das extremidades), desenvolvemento do encéfalo e da linguaxe, cambios reprod
utivos e cambios xenéticos.



Resultado de imagen de EVOLUCION HUMANA ESPALDA





2. Cal é a causa pola que se adquiriu unha postura bípede ou ergueira? Que facilitou esta característica?

A causa é o cambio climático, polo cal se pasou dunha selva arborizada á árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abandonar a súa vida arbórea para camiñar en grandes espazos abertos.
O que facilitou esta postura principalmente é o alongamento das extremidades inferiores.





 3. Describe os cambios que tiveron lugar durante a hominización nas funcións das exremidades inferiores.

As extremidades inferiores eran para actividades locomotoras, polo que se alongaron con respecto ás superiores e ao tronco.




4. Cales son os cambios reprodutivos e na linguaxe que se orixinan como consecuencia da hominización?

Cambios reprodutivos: grande éxito reprodutivo, pola desaparición do celo. Diversidade de individuos, resultante do proceso de recombinación.

Cambios na linguaxe: permitiu a transmisión de ideas e de coñecemento entre individuos.






TEMA 5 AP.6 EX. 1 E 2


1. Que probas clásicas avalan o feito da evolución?

As probas clásicas que avalan o feito da evolución son as probas.



 Resultado de imagen de pruebas clasicas de la evolucion



2. Utilizando os datos da táboa que amosa as diferenzas nas secuencias de aminoácidos da hemoglobina dalgunhas especies de mamíferos, que especie é a que menos diferenzas presenta con respecto á especie humana? E a que máis? Por que?

A que máis se parece é a do chimpancé e a que menos se parece e a do cabalo. 


Porque contén máis diferenzas na secuencia de aminoácidos.
















TEMA 5 AP. 5 EX. 1, 2, 3



1. Por que ao neodarwinismo se lle denomina tamén teoría sintética da evolución?

É sintética polas mutacións e a recombinación xenética.



Resultado de imagen de porque al neodarwinismo es la teoria sintetica se llama



  2. Que relación existe entre variabilidade xenética, adaptación e selección natural?

A variabilidade xenética coa selección natural forma a adaptación das especies.





3. Como explica a teoría do equilibrio puntuado a ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil?

Explícase pola falta e ausencia de fósiles.


fosiles bilaketarekin bat datozen irudiak















miércoles, 12 de febrero de 2020

TEMA 5 AP. 4 EX. 1, 2 e 3


1 En que puntos se basea a teoría de Lamarck?

A función crea o órgano: Os organismos esfórzanse continuamente para adaptarse ás variacións das condicións do medio no que viven.

Os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse: As características dun individuo son transmitidas aos seus descendentes, e co tempo, vanse producindo cambios ou transformacións que van modificando as especies.




Resultado de imagen de teoria de lamarck





2 Cales son os motivos polos que na actualidade non se aceptan as ideas de Lamarck?

Un dos motivos é o das xirafas. Que co paso das xeracións fóron alargando o pescozo para poder chegarlle as follas dos árbores.



3 Cales son as ideas básicas nas que se fundamenta o darwinismo? Como explica a evolución das xirafas? En que se diferencia a teoría de Lamarck?

Os organismos loitan pola supervivencia e pola produción de descendentes.

Hai unha gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación.

O medio selecciona aos organismos mellor adaptados, son os que sobreviven.

Os organismos evolucionan.




Nas xirafas según Darwin, na poboación de xirafas existían variabilidade entre elas. Algunhas tiñan o pescozo ou as patas máis longas.

En épocas desfavorables, as xirafas con pescozo e patas longas, podían chegar as follas das árbores máis altas, mentres que as outras morrían.

Co paso das xeracións haberá máis xirafas con patas e pescozo longo.


Nas xirafas según Lamarck, eran de tamaño normal, tiñan o pescozo curto e alimentábanse das follas máis baixas.

En épocas de seca, as xirafas alargaron o pescozo e as patas para chegar as follas máis altas.

O alongamento do pescozo e das patas serían herdados aos descendentes de xeracións en xeracións.




Resultado de imagen de teoria de darwin jirafas





Imaxe da teoría de Darwin.



TEMA 5 AP. 3 EX. 1 e 2


1 Cales son as teorías fixistas? En que ideas se basean para explicar a orixe dos seres vivos?

As teorías fixistas son teorías que defenden que as especies non cambian e que, polo tanto, se manteñen fixas ao longo do tempo. Baséanse nas ideas relixiosas na que un Deus creou a Terra e os seres vivos.



2 Que sostén a teoría das transformacións infinitas de Leclerc e cal  é a súa importancia?

Sostén que os cambios dos seres vivos se deben a alimentación, ao clima, ao medio físico ou á domesticación. A súa importancia é que Leclerc recoñeceu que as especies experimentaban variacións e que algunhas podían desaparecer.


Resultado de imagen de teoria de las transformaciones infinitas












TEMA 5 AP.2 EX. 1 e 2


1 En que se diferencian as teorías da xénese mineral, das fontes hidrotermais e da panspermia?

En que as fontes hidrotermais encontrábanse no fondo dos océanos no que non hai luz e están a unha temperatura de 300 grados centígrados.

A teoría de panspermia defende que as bacterias que habitaron o planeta Terra procedían do espazo, do exterior.

A xénese mineral defende que as moléculas orgánicas pequenas se xuntan entre elas para formar outras moléculas de maior tamaño. Crese que tiveron lugar en zonas arxilosas e non na auga.


Resultado de imagen de genesis mineral teoria
Resultado de imagen de fuentes hidrotermalesResultado de imagen de panspermia




2 Cos coñecementos actuais, cres que podería ser posible a teoría da panspermia?

Pode ser posible. Ata agora non se sabe se hai vida ou non fóra da Terra.