miércoles, 12 de febrero de 2020

TEMA 5 AP. 4 EX. 1, 2 e 3


1 En que puntos se basea a teoría de Lamarck?

A función crea o órgano: Os organismos esfórzanse continuamente para adaptarse ás variacións das condicións do medio no que viven.

Os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse: As características dun individuo son transmitidas aos seus descendentes, e co tempo, vanse producindo cambios ou transformacións que van modificando as especies.




Resultado de imagen de teoria de lamarck





2 Cales son os motivos polos que na actualidade non se aceptan as ideas de Lamarck?

Un dos motivos é o das xirafas. Que co paso das xeracións fóron alargando o pescozo para poder chegarlle as follas dos árbores.



3 Cales son as ideas básicas nas que se fundamenta o darwinismo? Como explica a evolución das xirafas? En que se diferencia a teoría de Lamarck?

Os organismos loitan pola supervivencia e pola produción de descendentes.

Hai unha gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación.

O medio selecciona aos organismos mellor adaptados, son os que sobreviven.

Os organismos evolucionan.




Nas xirafas según Darwin, na poboación de xirafas existían variabilidade entre elas. Algunhas tiñan o pescozo ou as patas máis longas.

En épocas desfavorables, as xirafas con pescozo e patas longas, podían chegar as follas das árbores máis altas, mentres que as outras morrían.

Co paso das xeracións haberá máis xirafas con patas e pescozo longo.


Nas xirafas según Lamarck, eran de tamaño normal, tiñan o pescozo curto e alimentábanse das follas máis baixas.

En épocas de seca, as xirafas alargaron o pescozo e as patas para chegar as follas máis altas.

O alongamento do pescozo e das patas serían herdados aos descendentes de xeracións en xeracións.




Resultado de imagen de teoria de darwin jirafas





Imaxe da teoría de Darwin.



No hay comentarios:

Publicar un comentario