1. Enumera os cambios anatómicos que tiveron lugar ao longo do proceso de hominización.
Producíronse cambios anatómicos (adquisición dunha postura bípede ou erguita, cambio de función das extremidades), desenvolvemento do encéfalo e da linguaxe, cambios reprodutivos e cambios xenéticos.

2. Cal é a causa pola que se adquiriu unha postura bípede ou ergueira? Que facilitou esta característica?
A causa é o cambio climático, polo cal se pasou dunha selva arborizada á árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abandonar a súa vida arbórea para camiñar en grandes espazos abertos.
O que facilitou esta postura principalmente é o alongamento das extremidades inferiores.
3. Describe os cambios que tiveron lugar durante a hominización nas funcións das exremidades inferiores.
As extremidades inferiores eran para actividades locomotoras, polo que se alongaron con respecto ás superiores e ao tronco.
4. Cales son os cambios reprodutivos e na linguaxe que se orixinan como consecuencia da hominización?
Cambios reprodutivos: grande éxito reprodutivo, pola desaparición do celo. Diversidade de individuos, resultante do proceso de recombinación.
Cambios na linguaxe: permitiu a transmisión de ideas e de coñecemento entre individuos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario